Aprendendo a ler o que como?

Nas últimas décadas diminuíu o consumo de alimentos frescos característicos da dieta mediterránea a vez que aumentou o consumo de alimentos procesados ricos en graxas saturadas, azucres engadidos e sal. Isto, unido a unha importante redución da actividade física, está a contribuír a incrementar as taxas de sobrepeso e obesidade entre a poboación infantil.

A obesidade infantil está a converterse nun serio problema de saúde pública que, ademais, ten un importante impacto no desenvolvemento doutras patoloxías asociadas como a diabetes mellitus ou as enfermidades cardiovasculares.

Desde o grupo Food and Health Omics puxemos en marcha o proxecto “Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula” (financiado polo FECYT no ano 2023). Isto permitiunos establecer alianzas co profesorado de Educación Primaria para formar aos consumidores do futuro ensinándolles a ler e entender a información nutricional recollida nas etiquetas dos alimentos procesados de forma que poidan coñecer canto azucre engadido, graxas saturadas, sal e estimulantes escóndese nos alimentos que este grupo de poboación consome habitualmente.

Enlace a páxina web do proxecto