eXXperimenta en feminino na rúa

O pasado 10 de febreiro de 2023, con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, eXXperimenta en feminino en colaboración co Concello de Ourense organizou as súas VI Xornadas de divulgación científica novamente na rúa. Nesta ocasión a localización da feira tivo lugar na Praza Bispo Cesáreo. De novo, tódolos ourensáns puideron ver a investigación que se leva a cabo no campus de Ourense con talleres científicos e tecnolóxicos. A experiencia foi un novo éxito.

O pasado 11 de Febreiro de 2022, con motivo da celebración do “Día de la Mujer y la Niña en la Ciencia”, eXXperimenta en feminino en colaboración co Concello de Ourense organizou as súas Xornadas de divulgación científica na rúa. Así, todos os ourensáns poideron ver os talleres científicos e tecnolóxicos deseñados por mulleres do Campus de Ourense. A experiencia foi estupenda, repetiremos!