Xornadas divulgativas

Cada ano desde 2017, en torno ao 11 de febreiro, con motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, eXXperimenta en feminino organiza unhas xornadas de divulgación científica nas que se presentan talleres en relación coa actividade científica e tecnolóxica levada a cabo por mulleres do Campus de Ourense nos que poden participar estudantes non universitarios.

Xornadas celebradas

Este 2025 eXXperimenta en feminino terá lugar o 14 de febreiro de 2025, “Namórate da Ciencia”, pola mañá o aforo está completo pero ata as 18:00 da tarde a feira estará aberta a todo aquel que se queira achegar a gozar cos nosos experimentos.

Este ano contamos co apoio do Campus Auga e da Xunta de Galicia.

No 2024 ano eXXperimenta en feminino volveu ao campus con 14 postos de ciencia divertida e o apoio da Xunta de Galicia.

O 10 de febreiro na praza do Bispo Cesáreo, celebrouse unha nova edición de eXXperimenta en feminino co apoio do concello de Ourense. Con 13 postos abertos ao público, as persoas interesadas puideron achegarse a “descubrir a maxia da ciencia” da man de investigadoras e alumnas do Campus de Ourense

O 11 de febreiro na rúa do Paseo, celebrouse unha nova edición de eXXperimenta en feminino co apoio do concello de Ourense. Os 10 grupos participantes mostraron ás persoas interesadas que se achegaron “a ciencia” da man de investigadoras e alumnas do Campus de Ourense.

No ano 2020 as xornadas foron co-finaniadas pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) e no ano 2021 deuse a coñecer a páxina web exxperimentaenfeminino.uvigo.gal