O obxectivo fundamental das exposicións que aquí se mostran é divulgativo e de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). As exposicións xorden da convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.

En 2020 presentouse a exposición Mulleres na Ciencia. Esta exposición está formada por 14 pósteres, tipo roll up, sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. A selección de mulleres fixerona as científicas e investigadoras do campus de Ourense participantes nas xornadas de divulgación eXXperimenta en feminino que viron nestas mulleres o reflexo do seu traballo. Nesta recompilación de mulleres podemos atopar desde a primeira muller galega en presentar unha tese no campo da astronomía, ata a muller que deu ou o seu nome á linguaxe de programación ADA ou a muller que axudou a levar a vacina da variola polo mundo.

En 2021 preséntase unha nova exposición titulada As mulleres que nos levaron a Lúa. A exposición está composta por 12 pósteres tipo roll up nos que se recolle a biografía e logros daquelas mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a viaxar ao espazo. Nela atoparemos matemáticas, químicas enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos.

Esta exposición conta coas marabillosas ilustracións da ilustradora ourensá MeliMolita