Mulleres na ciencia

Esta exposición ten o obxectivo de espertar en nenas e nenos a vocación científica a través de referentes femininos e pretende ser unha mostra itinerante por centros educativos de Galicia.
A exposición xorde da convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.
Está formada por 14 posters, tipo roll up, sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. A selección de mulleres da exposición abarca desde a investigación básica á aplicada, desde o ámbito galego ao internacional e desde a física á informática. Así, a través dos roll up, o público pode coñecer desde a primeira muller galega (e española) en presentar unha tese no campo da astronomía, ata a muller que deu o seu nome á linguaxe de programación ADA.
A exposición é gratuíta e se desexa expoñela no seu centro debe seguir as intruccións que se mostran máis abaixo.
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() |
![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() ![]() | ![]() ![]() |
Condicións de préstamo
1. A exposición préstase de balde por un tempo negociable, aínda que o período aconsellado é de dúas semanas. As peticións atenderanse por orde de solicitude.
2. Os exhibidores comprométense a garantir que o acceso á exposición sexa de balde.
3. Os exhibidores acordarán a forma de recollida e devolución coas organizadoras da exposición de eXXperimenta en feminino.
4. Os exhibidores deberán montar e desmontar a exposición e facerse cargo dos gastos de montaxe, desmontaxe, mantemento e almacenaxe, se os houbese.
5. Os exhibidores estarán obrigados a velar en todo momento pola conservación da exposición. En caso de deterioración da mesma, o exhibidor terá que facerse cargo dos custos de reimpresión dos materiais danados.
6. Nas accións de divulgación ou difusión (prensa, radio, web…) débese facer mención á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), á Universidade de Vigo e a eXXperimenta en feminino.
7. Unha vez finalizada a exposición, o exhibidor comprométese a encher o formulario de avaliación e achegar nel, na medida do posible, o número de persoas que accederon á exposición.
8. A organización de eXXperimenta en feminino resérvase o dereito de suspender o préstamo e retirar o material prestado se no transcurso do período de préstamo ocorresen alteracións nas condicións da exposición, así como por calquera outra causa que puidese producir un prexuízo material ou moral.
Solicitude da exposición
A solicitude da exposición realízase a través do seguinte formulario de solicitude.