Exploradoras do Universo

Aumentar a presenza feminina no ámbito científico tecnolóxico é necesario xa que as mulleres poden ofrecer perspectivas únicas e valiosas na tecnoloxía que poden mellorar a innovación e o desenvolvemento da industria. O aumento desa presenza feminina require que nenos e nenas teñan referentes femininos nestas disciplinas pois eles son o noso futuro.

_______________________________________________________________________________________________________________________________________

Esta necesidade de chegar como sexa ao publico tanto infantil como adolescente fai que continuemos matinando como espertar as vocacións científicas. Así xurdiu a serie “Exploradoras do Universo” unha serie de pílulas divulgativas que a través de pequenos vídeos de animación, contan a historia desas mulleres e das súas achegas á ciencia. Con estas pílulas de duración aproximada de dúas ou tres minutos coñeceremos referentes de mulleres científicas dunha forma amena. Viaxaremos pola historia, descubrindo as achegas de mulleres, en distintos ámbitos das disciplinas CTEM, que fixeron posible a exploración espacial.

Nesta primeira serie de seis pílulas mostrámosvos algunhas das mulleres craves no éxito da misión do Apolo XI e na posterior exploración do espazo. Elas calcularon as traxectorias de voo, programaron os primeiros computadores, descubriron o combustible dos foguetes e deseñaron o interior dos transbordadores, entre outras moitas cousas. Sen elas, hoxe non estariamos a falar da próxima misión á Lúa ou de poñer un pé en Marte. Con estes videos queremos darlles referentes ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o que non se coñece.

Para a elaboración destas pílulas contamos coa ilustradora MeliMolita que se encargou de facer as ilustracións e as voces de Susana Novoa Fernández profesora de Lingua e Cultura Española no Liceo Lingüístico de Varesee, Italia e Alma Gómez Rodríguez profesora da Universidade de Vigo. A elaboración dos vídeos correu a cargo de Inés Álvarez Fernández, Mª das Nieves Lorenzo González e Encina Calvo Iglesias, profesoras da Universidade de Vigo e Santiago de Compostela. O financiamento desta serie de pílulas foi aportado pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.

Valentina Tereshkova

«Atento Ceo, quita o sombreiro, que alá vou!»

Christine Darden

«Puiden apoiarme nos ombreiros das mulleres que me precederon, e as mulleres que viñeron despois puideron apoiarse nos meus»

Frances Northcutt

«Eu sei tanto como eles. E se hai algo que non sei, son tan lista como eles e podo aprendelo»

Galina Balashova

«Os interiores das naves espaciais son tamén arquitectura»

Mary Sherman

«Por favor, papá, eu quero ir á escola»

Rita Rapp

«Gústame alimentar aos astronautas co que lles gusta porque os quero sans e felices»