EVA y las aventureras del cielo

O obxectivo deste cómic é dar visibilidade ás distintas profesións que teñen cabida no sector aeroespacial, poñendo o foco no impacto social que cada unha das profesións ten na sociedade co fin de atraer ás nenas ao mundo CTEM. Hai algúns estudos que suxiren que as nenas séntense máis atraídas por aquelas profesións nas que o impacto social é máis evidente. Dado que o impacto das profesións técnicas ás veces non é tan sinxelo de ver, neste libro queremos amosarlles da man de profesionais do sector como as devanditas ocupacións relacionadas co sector aeronáutico sí son necesarias e axudan a sociedade.

Utilizamos o formato cómic porque hoxe estamos procesando imaxes continuamente e retemos mellor un debuxo, que pode estar cargado de información, que un texto, cuxo acto de lelo require un exercicio de concentración máis grande.

Neste cómic darase visibilidade ás distintas profesións no sector aeroespacial a través do relato e a experiencia de 5 mulleres que traballan no sector aeronáutico e aeroespacial, poñendo o foco no impacto social que cada profesión ten na sociedade. Para levar a cabo este proxecto contamos con mulleres que pertencen a asociación Ellas Vuelan Alto.

Para a elaboración do devandito libro contamos co profesor José Andrés Santiago Iglesias da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra. O resultado é froito do magnífico traballo de varias autoras e autores de cómic Alumni da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra, Laura González Trabado, Antón Yáñez Souto, Iria Fernández Groba, Loli Rivas González, Delia Vázquez González e con José Ángel Ares. Para a súa realización contamos coa financiación da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a asociación Ellas Vuelan Alto e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.

Descárgate o Libro

Se desexa un exemplar desta publicación para a biblioteca do seu centro pode solicitalo por correo electrónico na dirección eXXperimentaenfeminino@uvigo.gal No correo debe indicar o nome do centro e o enderezo postal para o envío.