Exploradoras do Universo

Aumentar a presenza feminina no ámbito científico tecnolóxico é necesario xa que as mulleres poden ofrecer perspectivas únicas e valiosas na tecnoloxía que poden mellorar a innovación e o desenvolvemento da industria. O aumento desa presenza feminina require que nenos e nenas teñan referentes femininos nestas disciplinas pois eles son o noso futuro.
_______________________________________________________________________________________________________________________________________
Nesta segunda edición da serie «Exploradoras do Universo» unha serie de pílulas divulgativas que a través de pequenos vídeos de animación, contan a historia de 5 novas mulleres e das súas achegas á ciencia. Con estas pílulas de duración aproximada de dúas ou tres minutos coñeceremos referentes de mulleres científicas dunha forma amena.
Viaxaremos pola historia, descubrindo as achegas de mulleres, en distintos ámbitos das disciplinas CTEM, que fixeron posible a exploración espacial. Sen elas, hoxe non estariamos a falar da próxima misión á Lúa ou de poñer un pé en Marte. Con estes vídeos queremos darlles referentes ás novas xeracións, xa que non se pode querer ser o que non se coñece.
Para a elaboración destas pílulas contamos coa ilustradora MeliMolita que se encargou de facer as ilustracións as voces de Julia Carballo Rodríguez, Olga Escuredo Pérez, Inés Álvarez Fernández e Alma Gómez Rodríguez profesoras do Campus de Ourense da Universidade de Vigo. A elaboración dos vídeos correu a cargo de Inés Álvarez Fernández, Mª das Nieves Lorenzo González e Aciñeira Calvo Iglesias, profesoras do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e da Universidade de Santiago de Compostela. O financiamento desta serie de pílulas correu a cargo da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
Judy Sullivan
«Non deixes que ninguén te convenza de que non podes lograr os teus obxectivos»
Margaret W. Hap Brennecke
«Establécete sobre a base do que podes achegar,
non da base de ser unha moza»
Jeanne Lee Crews
«Nunca souben o que significaban as palabras, non podes facelo, en toda a miña vida»
Dorothy Avis Bone Johnson Lee
«Apréndese con cada experiencia, por suposto,
e iso é o que fixen cada día da miña vida»
Annie Easley
«Se non podo traballar contigo, traballarei ao redor de ti»