Mulleres que iluminaron a ciencia

Neste libro coñecerás a mulleres incribles que fixeron historia na ciencia. Queremos que te identifiques con elas e que vexas que, se ti queres, tamén podes ser científica ou científico no futuro. É posible que, ata o de agora, non escoitases falar de moitas mulleres no campo da ciencia, a tecnoloxía ou a enxeñería. Con estas páxinas descubrirás a presenza feminina nestes ámbitos e atoparás novos modelos e referentes nos que mirarche. No libro atoparás catorce biografías de mulleres cun papel salientable na investigación científica e tecnolóxica.
A selección das mulleres fíxose por científicas e profesoras que hoxe en día desenvolven a súa carreira investigadora no Campus de Ourense da Universidade de Vigo . Para moitas delas, estas mulleres foron os seus propios referentes para chegar ata onde hoxe están. Atoparás mulleres galegas, españolas e de todo o mundo. Algunhas viven na nosa época, mentres que outras pertenceron a épocas pasadas nas que era moi difícil para as mulleres dedicarse á ciencia. Moitas destas pioneiras non viron recoñecidos os seus logros no seu momento. Por iso, este libro tamén é unha homenaxe para recuperar a súa memoria e darlles o valor que merecen na historia. Deste xeito, os seus éxitos pasan agora ás túas mans, porque vós sodes os que farán a ciencia do mañá!
Para a elaboración e maquetación deste libro contamos coa ilustradora e estudante de Belas Artes Carmen Romero Conde e para a súa realización contamos co financiamento do Campus Auga.
Descárgate el Libro

Se desexa un exemplar desta publicación para a biblioteca do seu centro pode solicitalo por correo electrónico na dirección exxperimentaenfeminino@uvigo.gal No correo debe indicar o nome do centro e a dirección postal para o envío.