Nesta páxina poñeranse ao dispor do público en xeral aqueles recursos que se xeren polas persoas participantes en eXXperimenta en feminino para visibilizar a ciencia feminina
En 2022 presentouse o libro Elas leváronnos ao espazo nel recóllese a biografía e os logros de 12 mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a que se puidese ter un mellor coñecemento do espazo. Neste libro descubrirás matemáticas, químicas enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos.
En 2023 preséntase un novo libro titulado E ti, que científicas coñeces? Tras sete edicións celebradas do concurso escolar de debuxo e redacción do Día internacional dá Muller e a Meniña na Ciencia. decidimos elaborar un libro no que se recollen en galego breves biografías das mulleres que ao longo das sete edicións deste concurso o alumnado participante foi descubrindo cos seus debuxos. Esperamos que o libro e as súas historias conecten dunha forma especial cos nenos e nenas axudándolles a descubrir que a ciencia é sorprendente e que é tanto para eles como para elas.

En 2024 xurdiu a serie “Exploradoras do Universo” unha serie de pílulas divulgativas que a través de pequenos vídeos de animación, contan a historia de mulleres matémáticas, físicas, enxeñeiras, arquitectas,… e das súas achegas á ciencia. Con estas 6 pílulas de duración aproximada de dous ou tres minutos coñeceremos referentes de mulleres científicas dunha forma amena. Viaxaremos pola historia, descubrindo as achegas de mulleres, en distintos ámbitos das disciplinas CTEM, que fixeron posible a exploración espacial.
En 2025 editouse unha nova tanda de pílulas ” Exploradoras do Universo” 2ª edición onde se conta a historia de 5 novas mulleres e a súa pegada na ciencia.
Desde o grupo Food and Health Omics puxemos en marcha o proxecto “Aprendo a ler o que como. Formando consumidores responsables desde a aula” (financiado polo FECYT no ano 2023). Isto permitiunos establecer alianzas co profesorado de Educación Primaria para formar aos consumidores do futuro ensinándolles a ler e entender a información nutricional recollida nas etiquetas dos alimentos procesados de forma que poidan coñecer canto azucre engadido, graxas saturadas, sal e estimulantes escóndese nos alimentos que este grupo de poboación consome habitualmente.
En 2025 elaborouse un cómic para dar visibilidade ás distintas profesións no sector aeroespacial a través do relato e a experiencia de 5 mulleres que traballan no sector aeronáutico e aeroespacial, poñendo o foco no impacto social que cada profesión ten na sociedade. Para levar a cabo este proxecto contamos con mulleres que pertencen a asociación Ellas Vuelan Alto e coa Facultade de Bellas Artes de Pontevedra.
Ao longo da historia, mulleres de distintos lugares e contextos observaron as nubes, estudaron os ventos, analizaron datos e desenvolveron modelos que hoxe resultan indispensables na predición meteorolóxica e climática. Estas mulleres traballaron moitas veces, na clandestinidade científica, sen recibir recoñecemento ao seu labor pero coa satisfacción de facer aquelo que lles apaixonaba.
As socias da Asociación Española de Climatoloxía xeraron un pequeno folleto onde destacan brevemente a biografía dalgunhas das pioneiras do estudo da climatoloxía.




