Exposición Virtual

Descubre a razón pola que estas mulleres foron as escollidas para a nosa exposición. As profesoras e investigadoras do Campus de Ourense cóntanche que teñen aportado estas investigadoras aos seus campos de estudio.

Agradeceríamos que se fai uso destes vídeos se encha o formulario de avaliación e se achegue nel, na medida do posible, o número de persoas que os visualizaron.


Presentación dos vídeos

As mulleres somos enxeñeiras, científicas, físicas: eXXperimenta en feminino!!!

Concepcion Llaguno: Tecnóloga dos alimentos

Recibiu o Premio Muller Progresista e foi socia de honra da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas

Mileva Marić: Física

Colabora sempre cos demais, pero recoñece o teu mérito

Linda B. Buck: Psicóloga e bióloga

Como muller na ciencia, espero sinceramente que o recibimento do Premio Nobel sirva de mensaxe para as mozas de calquera parte do mundo, que saiban que teñen as portas abertas e que lles sirva de estímulo para cumprir os seus soños

Ada Lovelace: Programadora

A imaxinación é a facultade do descubrimento, preminentemente. É o que penetra nos mundos nunca vistos ao noso redor, os mundos da ciencia

Frances Arnold: Enxeñeira química

A ciencia, como todos os esforzos humanos, é evolutiva. Construímos agregando e recombinando o que xa está alí

Elsie Widdowson: Química e nutricionista

A nutricionista que lle plantou cara á desnutrición: desde a segunda guerra mundial á fame negra de África nos anos oitenta

Isabel Zendal: Enfermeira

A enfermeira que erradicou a variola en medio mundo

Margarita Salas: Bioquímica

Un país sen investigación é un país sen desenvolvemento

Antonia Ferrín: Astrónoma

Simplemente, unha científica indescriptible

María José Núñez: Química industrial e farmacéutica

Desde nena quixen entender o porqué das cousas

Tarsy Carballas: Farmacéutica e química

A mentalidade masculina apenas cambiou desde que estudabamos separados

Esther Lederberg : Microbióloga

Podes comezar en calquera momento, aínda que che leve toda a vida facelo ben

Eva Crane: Física e pioneira na apicultura

Non me atraían as abellas, son científica e quería saber como funcionaban

Teresa Toral: Química e farmacéutica

A mestra que como alquimista, ensinou físicoquímica, coñece as texturas e sutilezas…

(E. Poniatowska)